Tuesday 07 de May de 2024

Os contedores soterrados da praza de Manuel Murguía volven a funcionar trás acordar co Consorcio o regreso da carga traseira


O goberno local negociou co Consorcio a posta en marcha doutro tipo de camións pola rúas do Temple para que puidesen recoller o lixo deste tipo especial de contedores

Os contedores soterrados da praza Manuel Murguía instaláronse hai unha década, pero ata agora non podían ser utilizados polos veciños e vecñas do Temple polo impedimento da carga lateral dos camións de recollida do lixo do Consorcio das Mariñas.

O goberno local negociou co Consorcio a posta en marcha de novo da recollida de lixo con camións de carga traseira co fin de que estes pudieran recoller os residuos dos contedores soterrados.

A partir de agora a veciñanza do Temple poderá utilizar estes contedores soterrados, para botar o lixo orgánico e inorgánico. Segundo a edil de Servizos, Elisa Pestonit, trátase dunha reivindicación veciñal que esixía que se puideran usar uns contedores soterrados “inservibles”. “Agora queremos trasladar á veciñanza do Temple que tras as xestións co Corsorcio xa poden tirar o lixo inorgánico nestes contedores”.